Os
Xogos Olímpicos (chamados así por celebrarse na cidade de
Olimpia na antigüidade) foron festas relixiosas, culturais e deportivas celebradas na antiga Grecia en honra ós Deuses maiores. Neles participaban os
atletas, que debían ser cidadáns (soamente homes), os cales se adestraban durante
anos
nos ximnasios. Existían diversas disciplinas, tendo cada unha un
adestramento especial, e que se practicaban co corpo totalmente espido.
As primeiras disciplinas foron:
Pankration (loita a morte),
Loita (practicamente tal como a coñecemos actualmente),
Boxeo (moito máis cruel có actual, sen apenas normas),
Carreiras de Carros,
Carreiras a pé,
Péntatlon, (consistente en
lanzamento de disco,
lanzamento de xavelina,
salto de lonxitude, loita e carreira a pé) e
Música.
En
Olimpia chegáronse a celebrar 293 Xogos Olímpicos. Segundo a tradición estes empezaron no ano
-776, continuaron mesmo baixo dominación
romana, e só pararon coa chegada do
cristianismo ao poder en Roma. Foron reestablecidos no seu aspecto deportivo en
1894 polo
barón de Coubertin, e ata a actualidade seguen practicándose.
Unha curiosa diferenza con respecto á actualidade é que na
antiga Grecia tódolos conflitos armados eran suspendidos durante os Xogos, estes eran unha especie de tregua para tódolos participantes.
Os deportistas modernos están suxeitos a múltiples presións, as cales os teñen levado a utilizar
produtos para mellorar os seus logros, moitas veces poñendo en perigo a súa
saúde. O
Comité Olímpico Internacional estableceu dende
1968 os chamados
controis anti-dopaxe que poden ser realizados en calquera momento a petición do
COI e que poden desencadear a descalificación inmendiata do atleta que dea positivo nese control.
Unha
olimpíada é o
período de catro anos que transcorre entre xogos.