
Os Cinco Aneis, símbolo dos Xogos Olímpicos.
En Olimpia chegáronse a celebrar 293 Xogos Olímpicos. Segundo a tradición estes empezaron no ano -776, continuaron mesmo baixo dominación romana, e só pararon coa chegada do cristianismo ao poder en Roma. Foron reestablecidos no seu aspecto deportivo en 1894 polo barón de Coubertin, e ata a actualidade seguen practicándose.
Unha curiosa diferenza con respecto á actualidade é que na antiga Grecia tódolos conflitos armados eran suspendidos durante os Xogos, estes eran unha especie de tregua para tódolos participantes.
Os deportistas modernos están suxeitos a múltiples presións, as cales os teñen levado a utilizar produtos para mellorar os seus logros, moitas veces poñendo en perigo a súa saúde. O Comité Olímpico Internacional estableceu dende 1968 os chamados controis anti-dopaxe que poden ser realizados en calquera momento a petición do COI e que poden desencadear a descalificación inmendiata do atleta que dea positivo nese control.
Unha olimpíada é o período de catro anos que transcorre entre xogos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario