Mi lista de blogs

lunes, 30 de abril de 2012

londres



Londres
Mapa
Información
1.579 km2
7.5 millóns (2005 est.)
4.761 h/km²
Londres (en inglés: London) é a capital de Inglaterra e do Reino Unido; atópase ás beiras do río Támesis na illa de Gran Bretaña. Segundo os dados do censo do 2001, viven 7.172.000 habitantes.
Dunha cidade romana chamada Londinium, a capital da rexión administrativa romana Britannia acabou por se tornar o centro do imperio británico.
Londres ten sido un dos máis importantes centros da política e do comercio mundiais por case dous milenios.
O Londres Romano
A pesares das evidencias de pequenos asentamentos bretóns dispersos pola área, o primeiro asentamento maior na cidade de Londres data do ano 43, cando os romanos, aproveitando a conquista da illa, fundaron o asentamento de Londinium na beira norte do río Támesis. A antiga vila desenvolveuse preto da primeira ponten de Londres feita de madeira polos romanos e que lles permitía atravesar o río.
A súa promulgación de leis anticatólicas fixérono impopular ata o punto de que o 5 de novembro de 1605 produciuse un intento de asasinato na capital inglesa, a famosa Conspiración da pólvora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario